Ir al contenido

Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, apeculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible eoutra máis que improbable. Desta maneira, fala de medo, e de baresonde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, senpoder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, deparellas dispares en idade que falan de raíñas consumidorascompulsivas de arroz con leite. Araguas bota a andar unha pluma que ten cousas de corazón tandesbocado como o dos cómplices dunha editora indie desbordados polachea de libros de poemas que reciben, ou da estatua inca que vinga oseu posuidor dos arrebatos celosos da súa amada, hai gatos que falan e cans que bolen na neve e mancos que escriben con idéntica pericia ádo Caldeireiro, urbanista anglófilo na Nebia de 1866. Un festival de maneiras de querer, de ir mirando como a vida acontece, de realismos extracorpóreos e de corpos que liscan alén da realidade, o deste libro de relatos, que fai debutar o autor en Editorial Galaxia.