Diario do ano da peste
ISBN: 9788491519379 Editorial Galaxia, S.A. Literaria
É Daniel Defoe un dos maiores inventores da lingua inglesas, dicía otamén escritor Anthony Burgess, e así o demostra neste estarrecedorrelato novelado do andazo de peste que asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666, e ao que, sendo un neno de cinco anos, sobreviviu. Percorren as conmovedoras páxinas deste libro exemplos de humanidade e solidariedade daqueles que se sacrifican polos demais, como taméndaqueloutros miserables que se aproveitan da desgraza allea en tanterribles circunstancias. Heroes, negacionistas, viláns, rexoubeiros e acaparadores pululan nunha dramática narración que hoxe, tras apandemia que vivimos, está máis de actualidade que nunca, e que volvedemostrar que a condición humana pouco mudou co paso dos séculos.