Ir al contenido

Guía das libelulas de Galicia

2011 208 p. GLG
ISBN: 9788492630929 BAIA
36,75 € 36,75 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia asdenominacións de tizóns do demo, cabalos do demo, gaiteiros do demo, sacaollos, quitaollos, mollacús, lavacús, gaiteiros e candileiros oucandís. Recentemente, para denominar estes insectos, incorporáronse aestas formas vernáculas outras de orixe culta, como libélula elibeliña. En termos técnicos estes insectos son agrupados na orde Odonata e denominados como odonatos. A guía ofrece unha introdución ábioloxía e ecoloxía das libélulas, que serviu para aumentar erevolucionar, en certos aspectos, estas ciencias nos seus mesmosfundamentos. Asemade, facilita a identificación das libélulas mediante a súa observación directa, sen intervención nin captura, facendofincapé nas características que sirvan para a distinción mediante aúnica axuda duns prismáticos, e algo de paciencia, e busca, ao tempo, servir de guía de campo para os naturalistas que queiran identificaras diferentes especies de libélulas de Galicia, atendendo as formasadultas. Descríbense 62 das especies máis habituais no noso país emesmo algunhas que, polas condicións de cambio climático existentes, é previsíbel que comecen a ter o seu hábitat natural en breve espazo de tempo en Galicia. Todas elas magnificamente ilustradas por Calros Silvar a toda cor. O obxectivo último, e talvez o máis importante, é aumentar o número de naturalistas e amantes da natureza que sumen esforzos para o estudo e conservación destes animais e dos fráxiles e ameazados medios húmidos onde se reproducen.