🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Cantar de Ruodlieb

2017 150 p. GLG
ISBN: 9788492866878 RINOCERONTE EDITORA S.L. Vétera
14,43 € 14,43 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

O "Cantar de Ruodlieb" é un poema épico en latín escrito no último terzo do século XI en territorio alemán. Esta obra pecha o ciclo da épica latina carolinxia, da que o "Cantar de Valtario" foi unha testemuñaexcelsa. Distanciado claramente da épica latina medieval, o poema inaugura o riquísimo ciclo de narracións épicas en francés pertencentes ás materias de Bretaña e de Francia, e á épica xermánica tamén en lingua vernácula do "Cantar dos Nibelungos" ou do "Parzival". Por estas razóns foi cualificado en moitas ocasións como a primeira novela cortés da literatura occidental e o cabaleiro protagonista coma o primeiro heroe cortés. "Ruodlieb" é unha amálgama de elementos de xéneros diversos e tradicións diferentes: epopea, espello de cabaleiros, lenda, conto popular, fábula, poema didáctico, saga, e moito máis. È indubidable que o autor do "Ruodlieb" quería contar unha historia diferente, compoñer algo moderno e que sobre todo gozaba co oficio de escribir.