Vidas senlleiras
ISBN: 9788497823005
A parroquia de Rozas déitase ás beiras do río Anllo no verdadeirocorazón da terra Cha, onde os carballos son aínda máis fermosos ca enningún outro lugar da terra, especialmente na primavera, cando empezan a follecer. O Anllo, que polas terras de Abadín é aínda un río de curso decidido e semellante dos outros, ó entrar en Goá faise repousado e dubidoso, tanto que no preciso límite entre esta parroquia e a de Moncelosdivídese en dous, e o brazo menor colle o nome de Guisande para irfacer a famosa lagoa de Valverde, onde disque xace asolagada unhacidade con lousados de ouro, verdes polo tempo e o lidro das augas.