Ir al contenido

Corredores de sombra

2006 232 p. GLG
ISBN: 9788497824255 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
13,44 € 13,44 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras derestauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis decincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que manempuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuñainvoluntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que alevará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, candoxa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seusdezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudoupara sempre a súa forma de entender a vida. Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre misterio (quen é o morto, quen oasasinou?) que conleva unha investigación, con momentos de grandetensión, e unha resolución na liña das mellores novelas negras. Maistamén é unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da xoveprotagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer a súavida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo o quesignifica. Unha novela memorable que confirma a Agustín Fernández Pazcomo un dos narradores primeiros da literatura galega.