🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Monte Louro

2009 688 p. GLG
ISBN: 9788497825573 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
29,29 € 29,29 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo críasecomo un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabardimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. O destino tenllereservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que llepermitirá atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcarádaquela en Bos Aires, onde a experiencia da emigración se verádecontado premiada co éxito e cun grande amor. Monte Louro, o máispoderoso referente xeográfico da infancia, agrándase na memoria comoresumo mítico do que no pasado non puido ser e talvez non será xanunca. Tamén andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada ós infernos na que parece que sairátriunfante o Mal. Terá que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posiblerecompoñer o puzzle roto da vida. Todo isto e moito máis contánolo Rei Núñez nunha novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, que oacredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nunclásico das letras galegas.