Ir al contenido

En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite comosinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado noespazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos -con frescura, humanidade e ironía- historias nocturnas e urbanas cargadas demelancolía e humor que nunca nos deixan indiferentes. As páxinas de Cemiterio de elefantes percorren con acidez a paisaxe nocturna, através de certa estética radiofónica. Na súa escrita húmida refúxianse noctámbulos, camareiras, travestis, estudantes, taxistas, varredores, persoas solitarias, insomnes, xornalistas... que gozan ou sofren oefecto devastador da noite descubrindo as entrañas da cidade. Espazosliterarios e personaxes de Fran Alonso como Almas perdidas, Corazóns Solitarios e a Señora Lola naceron neste libro, cuxa trama comeza ás12.00 AM, cando a noite cae sobre Vigo, e remata ás 8.00 AM, coamencer dun novo día.