Ir al contenido

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unhaapaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barriospopulares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamentetracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco dafesta e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar. Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios decomunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o ventode Nova York), enxebre e cosmopolita, como unha pedra chantada noocéano, como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seufuturo. Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura, ospercebeiros da Punta Herminia, Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantespreciosistas, o ciclista Clemente, ou Manuel Cajaraville, o granbailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiroinsólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor datapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou áapoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torresde Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas ecantareas de historias lindas da memoria popular. Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderosoperiplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmentecartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao queben chamamos Galicia.