O carnaval en Galicia
ISBN: 9788497826983 XERAIS TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Monografías
O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. Ocarnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é afesta da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia, rexoube na representación do mundo. As súas raíces afondan na memoriamáis antiga da nosa cultura e, a pesar das prohibicións cíclicas aolongo da historia, rexorde cun pulo sorprendente. Este rigorosotraballo de campo leva ao lector a través das máis diversas ecarnavalescas paisaxes da nosa xeografía: as máscaras da culturarural, os Momos e Mecos, Os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleirosde Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... Un libroque afonda na profunda significación da festa.