Ir al contenido

Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogofavorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súperloitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran finaldo xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai eten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coaconsola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seuvídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de "Game over". Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese dotema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade ospequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou ointeresante tratamento que se lle concede á violencia e a introduciónda máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.