🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Zoommm

2009 96 p. GLG
ISBN: 9788497829748 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
15,38 € 15,38 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

No século XXI, finxir dar vida foi un dos cometidos principaisdaqueles que traballaban nesa trampa oblicua chamada arte: a creaciónde personaxes semellaba un eixe fundamental na novela, esa simulacióntamén se atopaba no deber dun bo actor, dun guionista, dun realizadorde cine, un fotógrafo, un debuxante de cómics... No século XXI, procurar vida foi un dos cometidos principais daqueles que sededicaban a esa fe experimental chamada ciencia: a medicina, ainvestigación no xenoma, a astrofísica, a matemática agochada nospatróns de crecemento vexetal e animal, a arquitectura orgánica... No século XXI, aplicar un zoom nos textos das criaturas humanasrevelaría unha ambición de alquimista: transmutarse en vida. Enmemoria. Vingadora da mortalidade. Zoommm, o poemario de Estíbaliz Espinosa, achégase con torpeza humana ás relacións incestuosas entretexto e vida, linguaxe da máquina e linguaxe lírica, e a ese antigodesexo infantil de que o que leamos se transfigure en nós, electrice a nosa medula, siga o noso ritmo vascular, volva parte de nós ou nósdela. Somos o que foron outros. Se somos o que comemos, somos o quelemos.