Ir al contenido

A mediados da década de 1990, a piques de finalizar o século XX, abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaronreaccións ben similares ás que se produciran a finais da década de1950 coa irrupción dos mozos irados. Desta volta son as mulleres, entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras máisinteresantes do panorama teatral en Europa. A edición da Obradramática completa de Sarah Kane que agora presentamos inclúe cincotextos dramáticos (Derruba, Amor de Fedra, Límpidos, Degoiro, 4.48Psicose) e un guión (Pel). Trátase de pezas herdeiras, en moitosaspectos, do teatro da crueldade do escritor e actor francés Antonin Artaud, pezas nas que o corpo adquire protagonismo e o texto é unreflexo ou un medio no que a materia carnal se expresa. O ser humanonon só como linguaxe e pensamento, tamén como corpo que excede oslímites da representación. Malia a tráxica desaparición da autora en1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade pormor deses mundos dominados pola dor que tan ben soubo reflectir e quenos falan dun forte compromiso coa vida. En colaboración coa Escola de Arte Dramática de Galicia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia tira doprelo un novo título da colección Biblioteca ESAD dedicada a textosteatrais traducidos para o galego. Trátase da Obra dramática completade Sarah Kane, unha das grandes innovadoras do teatro inglés doderradeiro cuartel do século XX. O libro leva un interesante edocumentado limiar de Manuel F. Vieites, que tamén se fixo cargo datradución.