Catro historias de emigrantes
ISBN: 9788498651966 Editorial Galaxia, S.A. Memoria
O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unhaobra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre sipero queteñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunhavinculación moi importante coscentros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en formadestacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral. Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García e Eduardo Martínez, desenvólvensea partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outrosdestacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividadeintensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e aposguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vidaartística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage, coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya. A través das biografías de catro homes, o autor relata unha partesubstancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron queprocurar un país de adopción na América do Sur. Velaquí a historia de Antón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra "Pepe Montoya", Eduardo Martínez Filgueira "O Cañotas" e Isidoro Manuel García García