🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Poesía

2010 364 p. GLG
ISBN: 9788498652963 Editorial Galaxia, S.A. Biblioteca Otero Pedrayo
24,48 € 24,48 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e cinco poemas incluídos en Poesía, algúns moi extensos, vinte e cinco son inéditos. O librorecolle tamén poesía en castelán e poemas traducidos doutras linguascoma o latín, o francés e o alemán. Así e todo, e como advirte Alonso Montero na introdución, o volume "non ofrece a obra poética completa"de Otero Pedrayo aínda que recolla a totalidade dos poemas éditos eunha boa parte dos inéditos, pois non se inclúen poemas incompletos, ou en fase de borrador, do que é un corpus poético de manuscritoscertamente grande. Trátase dunha compilación "representativa, noesencial, de Ramón Otero Pedrayo como poeta" xa que, como afirma Alonso Montero, "os textos que se exhumen no futuro limitaranse areforzar e ampliar a figura e os acordes que o presente volume ofreceda súa poesía". Poesía como celebración e homenaxe, como meditacióndiante da paisaxe, versos goliardescos e de amizade arrequentados polo galego esplendoroso e inesgotable do seu autor. Por primeira vez publícase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que serecollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de"Bocarribeira".