Cartas a Lelo
ISBN: 9788498653441
Mais Lelo se vai cos pais para o Brasil. E os dous amigos cartéanse. Balbino comeza a contarlle todo ao seu compañeiro de aventuras queestá lonxe, máis alá do mar. Un día vai á súa aldea e fala destacorrespondencia. E outro rapaz, Toño, comeza tamén a escribirlle a Lelo. E Lelo contéstalle dende o Brasil. Estas son, pois, as cartas de Toño nas que algunha vez alude ao contido das que recibe do seuamigo. Lelo vén sendo aquel amigo de Balbino (o das Memorias dun nenolabrego), o que con el xuntaba herbas para o fumazo da noite de San Xoán, o que o salvou de morrer afogado no río, o que soñaba con sermúsico, ou mariñeiro ou aviador.