Cociñando ao pé da letra
ISBN: 9788498653526
Editorial Galaxia publica Cociñando ao pé da letra, unha orixinalproposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinadopola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro quedemostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúnsdos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadasdoutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencelloestreito entre os verbos cociñar e escribir. En palabras de Yolanda Castaño: "Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máximadiversidade en canto a sexo e xeración, xénero literario e ata zonaxeográfica. Homes e mozas, rapaces, señoras, da aldea, na cidade, nacosta, do interior. Son algunhas das máis representativas e puxantesvoces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literaturadramática, narradores, poetas, cultivadores de literatura infantil exuvenil. Unha variada riqueza a través de ollos multiplicados, através de perspectivas o suficientemente plurais". Os escritores eescritoras que cociñaron para este libro foron Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P. Docampo, Xosé María Alvarez Cáccamo, Chus Pato, Xavier Castro, Xabier Cordal, Lucía Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido Pazó, María Reimóndez, Antón Lopo e Manuel Lourenzo. Entra na literatura... ata a cociña