🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

(11).LINGUA E LITERATURA 1ºESO

2011 192 p. GLG
ISBN: 9788498653656 GALAXIA Novos textos
0,00 € 0,00 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

GBS_set Viewer Options({'show Link Chrome': false}), GBS_set Language('es'), GBS_insert Preview Button Popup('ISBN:978-84-9865-365-6'), O libro delingua galega e literatura de 1º da ESO consta de 12 unidades, cada unha delas dividida en 5 seccións. Como xa é tradicional nas propostas didácticas de Galaxia, ofrecemos uns libros que organizan a información en dobres páxinas, como se fosen un encerado, para facilitar o estudo e comprensión dos contidos que se van tratar.1. LECTURA MOTIVADORATodas as unidades abren cunha lectura que adoita servir de introdución aos tipos textuais que se presentan despois ou a outros contidos traballados (elementos de vocabulario ou a parte específica de literatura). Unha sección concibida a partir de preguntas encamiñadas a fomentar a comprensión do contido do texto, que os rapaces reflexionen e se expresen -de xeito oral ou escrito...- sen descoidar os aspectos relacionados coa educación en valores. Do mesmo xeito ofrece outras propostas literarias e artísticas que poden ser do interese do alumnado coa idea de motivalos para que continúen explorando outros elementos culturais dende o texto de partida.2. TRABALLAMOS COA LINGUADivídese á súa vez, seguindo as directrices do currículo oficial, en Modelo textual, Funcionamento da Lingua e Oralidade. MODELO TEXTUAL E FUNCIONAMENTO DA LINGUAAquí combinamos contidos e actividades de comprensión, reflexión e creación, para que resulte dinámico e atractivo para o alumnado. ORALIDADEA dobre páxina de Oralidade pretende traballar as destrezas de comprensión e produción oral, así como o vocabulario e a fraseoloxía presentes nos textos reais ou simulados que se propoñen. As actividades abordaranse a partir do audio que está no CD do profesor, que tamén inclúe as propostas dixitais complementarias.3. A LINGUA E NÓSAnalizamos a realidade sociolingüística galega, do Estado e do mundo. Tamén se abordanas situacións de contacto de linguas e promóvese a eliminación de estereotipos e prexuízos lingüísticos.4. LITERATURAAdemais dos contidos teóricos, apostamos por apartados novidosos, como o que chamamos Agora escribes ti, que invita os rapaces e rapazas a inserirse no proceso creador. Un completo Obradoiro Literario.5. O FAIADO DAS LETRASUnha completa selección de textos representativos, tanto do panorama literario galego como da literatura universal, relacionados cos contidos expostos na parte teórica. As actividades están deseñadas para que o alumnadodesenvolva os coñecementos adquiridos dun xeito máis práctico.