🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

A vida fóra

2011 80 p. GLG
ISBN: 9788498653700 GALAXIA Illa Nova
13,40 € 13,40 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Nun texto narrativo que se achega aos límites do narrado para poder contar a historia dunha vida xa case na extenuación, Miguel Sande realiza unha procura no que queda dos sentimentos e na consciencia esvaecida do tempo. A través da palabra núa e sincera, da esgazada expresión da verdade dunha voz, a protagonista leva a literatura ao territorio inexplorado onde as emocións tecen e destecen o que queda dunha existencia. Este relato conmovedor, concibido cun sorriso de complicidade, conta a historia da anciá María, prostrada nunha cadeira de rodas, que pasa as tardes recluída nun cuarto da súa casa vendo como, hora a hora, discorren os días. Mira pola ventá e, de cando en vez, lembra fragmentariamente episodios da súa vida. Ata que un edificio en construción lle quita o único que lle quedaba: a posibilidade da contemplación. Para ela, a vida toda permanece detrás deses novos muros que a cercan, polo que non lle queda máis remedio que imaxinala. Despois de obter o Premio Repsol en 2006 con 'Se algún día esta muller morta', Miguel Sande retorna volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores apaixonados polas historias intensas