Laura no deserto
ISBN: 9788498653953
Premio da Crítica Española 2011 de narrativa en lingua galega Premio AELG 2012 de narrativa GBS_set Viewer Options({'show Link Chrome': false}), GBS_set Language('es'), GBS_insert Preview Button Popup('ISBN:978-84-9865-395-3'), Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa queergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou aliberdade. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopeasocial e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado, a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto, osintentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos damemoria. Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pidetamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que oha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característicoestilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.