Fisterras atlánticas
ISBN: 9788498654332 Editorial Galaxia, S.A. Ensaio
GBS_set Viewer Options({'show Link Chrome': false}), GBS_set Language('es'), GBS_insert Preview Button Popup('ISBN:978-84-9865-433-2'), Un mangado de textos arredor da xénese e formación da idea de nación e das concepcións diferentes da identidade social A elaboración identitaria, tanto desde o punto de vista do simbólicocoma desde a vertente do factual, é esmiuzada con xeito e atinadadiagnose por Santiago Lamas nunha sucesión de cinco ensaios queconstitúen a cerna do libro. Tamén sobre a identidade, mais vistadesde a súa"patoloxía", no caso do Don Xoán, e a partir da súa sintomatoloxía, no caso da invención da paisaxe e no da novela policial, tratan asoutras "lecturas" -nos dous sensos: interpretacións e leccións- queachegan lectores e lectoras ao proceso de pensamento, ao seudesenvolvemento ou busca curiosa e interesada na cultura comorealidade asemade simbólica e actuante. A radiografía do sedutor, os himnos e as bandeiras, a xenética dasorixes e as viaxes en procura da identidade, a "recreación" do pasado, a invención da paisaxe como esencia e a novela negra como retratosocial enxérganse, pois, neste libro coa nidia perspectiva de quenefectivamente escribe dende o cabo do mundo.