Hora zulú
ISBN: 9788498654615
Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin elmesmo, sabe quen é. A través dunha precisa engrenaxe de reloxería, oinexorable paso do tempo acompañaranos nunha apaixonante busca quedescenderá ata os segredos mellor gardados do universo humano. En Hora zulú combínanse textos de orixe e tipo diversos a través dos cales os lectores inician unha busca, coma se se tratase dun xogo que o autorlle propón a quen le. Mediante esa orixinal estrutura, Santiago Lopomantén a intriga e a tensión narrativa de principio a fin, nunhanovela que rompe barreiras, animándonos a soñar e a visitar o outrolado da nosa conciencia. Invitándonos a encontrar a liberdade. Premio García Barros 2012