O Futuro e posible
ISBN: 9788498654660
Este libro de Emilio Pérez Touriño recolle a memoria dun períodorecente da historia da Galicia contemporánea contado en primeirapersoa polo autor. O libro nace como resposta á gran débeda contraídacoa maioría social do país, cos que apostaron polo cambio en 2005 ecando menos, cos 795.200 galegas e galegos que apoiaron a coalición de goberno nas eleccións autonómicas de 2009. Porque, en opinión doautor, todos e cada un deles merecen unha explicación que non se llesdeu. Porque teñen dereito a coñecer as razóns, os feitos, o transcurso dun proxecto no que tiñan depositadas tantas expectativas que non sepuideron prolongar. As páxinas de O futuro é posible non son nin unhas memorias nin un texto de socioloxía política. Pretenden ser ahistoria dun traxecto, o percorrido dunha experiencia compartidacontada en primeira persoa, tal e como a viviu e a percibiu o autor e, polo tanto, con toda a súa carga de subxectividade, asumindo o riscode equivocarse. Foron escritas dende o compromiso de non edulcorarnada do acontecido e sen fuxir da autocrítica necesaria. E sobre todo, coa esperanza de que este libro poida ser útil a todos aqueles queseguen soñando coa mellor Galicia e dende a mesma convicción de que ofuturo é posible. Retrato dun tempo de cambio. Galicia (1998-2009)