Días de Cuba
ISBN: 9788498655230
Cincuenta anos despois da súa primeira chegada á illa, Xosé Neira Vilas volve a aqueles Días de Cuba desde a lembranza. Viaxaba entón na compaña de Anisia Miranda. Neste libro, que publica Editorial Galaxia, o autor de Memorias dun neno labrego evoca aquel "fervorosotramo" da súa existencia. De 1961 a 1992, Xosé Neira Vilas reside en Cuba. Trinta e un anosvividos día a día, intensamente, procurando achegar o seu modesto gran de area ao erguemento dunha nova sociedade e á construción dun novo Estado, dúas empresas que nas circunstancias históricas e inclusoxeográficas daquela illa só podían levarse a cabo con moito fervor etenacidade. Nestas páxinas, as lembranzas cubanas artéllanse arredorde catro eixos. O primeiro destes eixos narrativos está dedicado aos diferenteslabores profesionais desenvolvidos polo escritor, desde alfabetizadore xornalista a tradutor e sindicalista, de miliciano a alumno emestre. O segundo ordena o relato destas lembranzas polas súasrelacións de amizade con, entre outros, escritores coma Nicolás Guillén, Alejo Carpentier e Roberto Fernández Retamar. O terceiro foco artéllase a partir das "Cartas (máis ou menosintemporais) a Luís Seoane", mentres que o cuarto dá paso aos «Homesna Historia»: José Martí, Ernesto Che Guevara e Fidel Castro. Péchaseo libro cos apartados de "agradecemento a Cuba" e cos discursos doescritor na Universidade da Habana e na de Santiago de Compostela, oprimeiro con motivo do seu doutoramento Honoris Causa e este último no acto da súa condecoración coa medalla Alejo Carpentier da Repúblicade Cuba.