O camiño das mazás
ISBN: 9788498716153 OQO colección O
Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta. Pedíronlle que recolla as mazás da maceira que está á beira do camiño, á beira da fonte. Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan pordetrás, asubíos do vento entre pólas que renxen... ata que unhaveciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso. Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que aprotagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dunsorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro. Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadorado Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seupersonaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seusdous principios creadores: ? as palabras son música? e ? un mundo mellor empeza cunha bonita historia?. Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algúnretoque dixital.