O avó de Zulaimar
ISBN: 9788498717334
Zulaimar non logrou que ningunha das súas amigas lle prestase o seuavó. Entón, dando un novo uso aos obxectos que tiña o seuarredor, decidiu construír un. O seu invento non funcionou á primeiramais, ao final, foi quen de facer realidade o seu soño. Non todas as crianzas poden gozar da presenza dun avó preto co quecompartir xogos, apertas, experiencias... Iso é o que lleaconteceu a Zulaimar mais, lonxe de amedrentarse, a pequena destahistoria bota man do seu enxeño e transforma a ausencia en terreofértil de onde xorden a creación e a dozura. O escritor Juan Carlos Méndez Guédez mergúllanos nunha emocionante edoce historia que nos fai lembrar a importancia da capacidadecreativa que permite xerar ideas novas, experimentar e buscaralternativas ante situacións desfavorables. E ao non ter a marabillosafigura dun avó comprende que diante da soidade sempre lle quedará aforza da imaxinación e o soño. A ilustradora alemá Elsa Klever recolle esta idea de carencia apuntada polo autor. Non en van vemos na cuberta unha cadeira baleira, mais, enseguida introdúcenos nunha colorida proposta plástica ondeunha chea de personaxes permítennos seguir as peripecias dapequena protagonista, que nos transmite o seu optimismo: ôquería quese puidera seguir a historia de Zulaimar e, ao tempo, descubrirnovos detalles en cada páxina."