🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Ás de bolboreta

2011 232 p. GLG
ISBN: 9788499142159 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
14,34 € 14,34 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiñosque transitan os personaxes dÆ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literaturaxuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen llemorreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seuavó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que vivensoas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e aaparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís quedecidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represiónexercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dosalpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dosseus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homescovardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres comocompañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de FiñoàO xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou porunanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "Asde bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada enbreves capítulos onde calquera parte está conectada con todas asdemais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela", salientando, ademais, que "mediantea conexión do cotián con outras historias que poden semellar máisafastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada poloacertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintospersonaxes que conforman a novela". Para concluír que "As de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.ö