🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Os megatoxos e a cara oculta de Lúa

2011 192 p. GLG
ISBN: 9788499142494 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - Megatoxos
15,38 € 15,38 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunhacura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, acapacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadasaventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, asveces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lleacontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horribletransformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar omundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamenteligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dousmundos.