🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Lois Pereiro. Breve encontro

2011 160 p. GLG
ISBN: 9788499142517 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Novela gráfica
17,83 € 17,83 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Esta novela gráfica en branco e negro de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermosoachegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea apelícula de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida dopoeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeirasloias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado polacolza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e damodesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. Anovela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máisemblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súafigura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica "non trata decondecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de faceloreexistir, de andar por aquí de novo".