🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Non hai noite tan longa

2011 272 p. GLG
ISBN: 9788499142524 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
19,20 € 19,20 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aosdezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máisvolveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dundelito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocoua súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento dasúa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nuncapodemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixande supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais daliteratura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunhanarración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra delectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre anosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anosda ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate endía»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e narecuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.