Vigo, a explosión dos ´80
ISBN: 9788499143057 XERAIS GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na«movida». Aquela década dos æ80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de díapor sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noiteunha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreadoespírito lúdico entre concerto e concerto, foron os anos en que onaval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectosdecimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nosnosos cárceres. Foi unha fase eruptiva da historia local, anos de acelerada sucesiónde acontecementos que a Víctor De Las Heras lle tocou vivir ao galopebiográfico da súa cámara. Neses catro anos houbo dúas eleccións municipais gañadas polosocialista Manuel Soto, dous ascensos do Celta, o derrubamento do Scalextric ou, indo á anécdota substanciosa, unha provocadora Cicciolina paseando polas rúas cos peitos ao aire a bordo dun camión. A moda galega, con Vigo como eixe do que saían todas as decisións, sorprendía a toda España e convertía o sector téxtil en punta de lanza dunha nova imaxe para Galicia. Pola noite, Vigo era unha cidade raiada, atropelada, cachonda eencallada cunha produción intensa de bandas, as máis delas de efémeravida. Unha explosión de pelames e vestimentas coa música comoexpresión catártica. Foi todo un cóctel de política, deporte, cultura e sociedade. Fernando Franco