Ir al contenido

Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e noseu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao ea UXT na Guerra Civil, a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra, o Consello de Galiza e a JSUN, o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio, a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento, a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP. En todo isto, Luís Soto foi parte protagonista. O autor acudiu ao fondo Luís Soto (no Arquivo Histórico Provincial de Ourense), practicamente inédito, para realizar unha biografía que sebotaba en falta. Xurxo Martínez González incorpora ao libro novadocumentación sobre o exilio, o nacionalismo ou a revista Vieiros. Outros arquivos, co descubrimento de novos papeis, completaron unhaobra necesaria para comprendermos mellor a esquerda, o exilio en México, a cultura e o nacionalismo galegos. Unha peza imprescindible para encaixar a historia máis recente.