🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

724

2012 248 p. GLG
ISBN: 9788499143637 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
19,01 € 19,01 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Cun enorme poder metafórico, 15.724, unha magnífica novela de Xesús Constela, trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha avedurmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten comosímbolo intocable o armadillo da súa bandeira. A través dunha narrativa distanciada que nos amosa unha xeografíadominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba aspautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que sedesencadea a traxedia de toda unha familia. En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo. A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado dealetargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles. E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas. Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?