Gran tiburón branco
ISBN: 9788499144016 XERAIS
Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dunterraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois docoñecido: unha muller que engana o seu home catedrático cun guíaturístico, un empregado do matadoiro que sospeita que o seu veciñopode ser xudeu, unha escritora posmoderna que descobre en México aexistencia do mundo real, un músico fracasado que de pura deixadezdesencadea a involución da especie, un tipo que narra a súaadolescencia sureña na que nunca pasaba nada e o pouco que pasaba nonsignificaba nada en particular. Nos cinco textos está presente aliteratura pero dunha maneira tanxencial: aparece como subterfuxio, de pasada. Os cinco narradores narran de casualidade (o acto de narrar é para eles unha experiencia inusual) e nunca volverán facelo, as súasvoces non reaparecerán. De aí que os textos de Gran tiburón branco non rematen en final feliz, nin tráxico, nin aberto, senón no punto noque engadir algo máis, seguir escribindo en suma, seríainsoportablemente redundante e un pouco ridículo. Suxírese así, unha e outra vez, a idea de que algo grande, demasiado grande (a literatura, o mundo) está a piques de rematar.