A Estrela de Oriente
ISBN: 9788499144320
Cando Aziz esperta tras ver derruída a súa aldea por un grupo debandidos, atópase nunha caravana chea de riquezas, con fermososcabalos de guerra, boas teas e abundantes especias, entre soldados esabios. E recollido polos homes de Apelio, xefe das tribos que habitan as altas montañas de Oriente, quen lle explica que están alí paracumprir unha antiga profecía. Onense a eles Amerio, príncipe de todasas tribos do sur, onde se atopan as fontes que enchen de auga osgrandes lagos de Africa e o Nilo, e Malgalath, druída das naciónsceltas do norte, transportados prodixiosamente ata ese lugar dende assúas afastadas terras. Os tres, acompañados polo pequeno Aziz, seguirán a Estrela de Oriente, no seu camiño cara a Belén, por ver deatoparen e agasallaren o novo Rei de reis acabado de nacer. A Estrelade Oriente fálanos dun dos grandes mitos de Occidente, os Reis Magos, retratados por Tiziano, Velázquez ou Rubens, que representan para ainfancia un dos misterios máis extraordinarios, un dos referentes docalendario, nos que está presente a ilusión, a maxia, a fantasía. Nesta obra destacan aspectos moito máis universais que os que poidanreflectir ideoloxías ou relixións, como a solidariedade, a relaciónentre culturas e diferentes etnias ou o compromiso.