Ir al contenido

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe através da cartografía dos feminismos que responde á ricabiodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Convontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máiscambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desdeese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público nonespecialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dosmovementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. Enpalabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou Africa subsahariana, por mencionaralgunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía ea historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos». Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicadaaos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúeasegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos aexaminar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o nosomundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticasfeministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as calestenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case senexcepción)».