Ir al contenido

Cantares gallegos

2013 472 p. GLG
ISBN: 9788499145044 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
23,07 € 23,07 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seutempo na xénese e afirmación do sistema literario galegocontemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo unremuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico deenorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves daalegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza doincipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 demaio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistemaliterario galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súasorixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares gallegos ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio denotas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dospoemas.