A memoria da choiva
ISBN: 9788499145709 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaboradortelevisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención doxornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é abrutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. Asegunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza deferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis quea primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra oreloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que estápasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dosnomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado demisterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano... Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima porbandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.