A voz do vento
ISBN: 9788499146362
A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebreporque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entreelas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andabapolos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economíaboiante baseada na pesca e no comercio local e internacional, até queno ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos quecambiou a súa historia. Reunións de bruxas en lascivos aquelarres naspraias, delacións entre veciños ou abusos de poder, alimentabansermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boaparte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunhapersonaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso dotempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro.