A antesala luminosa
ISBN: 9788499148007
O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáverescalcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobreque un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quense lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidadesmentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados poloinspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogometaliterario nada complicado para o lector. Unha das historiastranscorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos, estánescritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo... presiden unha das historias, a outra trata sobre o amor, aconvivencia, o demo, o inferno -a loucura- como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negromenos xenuíno e máis transcendente.