Cuarto minguante
ISBN: 9788499148090
Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aoscatorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. Oenterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi oescaparate que lle permitiu comezar a contar con clientes na súaparroquia e despois tamén nas aldeas limítrofes. A cousa non empezabamal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outrocamiño. O 5 de agosto de 1955, saíu do porto de Vigo a bordo dotransatlántico Santa María rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba así Ismael o seu percorrido emigrante que o levaría despois a Brasil e Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela primeira Suíza dos galegos. Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha lingua de inequívocaestirpe popular, e cunha presenza constante dun humor sutilmenteretranqueiro, Bautista Alvarez reconstrúe nesta súa novela alboral osvieiros da emigración galega da segunda metade do século XX, unhaepopea colectiva merecente de ser rescatada do esquecemento.