Ir al contenido

Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas daviolencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os quealí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ásaulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureiranun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigoaxexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, unguedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súapresenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, ondeninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante etampouco querían mirar atrás.