O corazón da maxia
ISBN: 9788499148199 XERAIS
Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa gravedoenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verseobrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Candomellora un chisquiño, tenta ser feliz visitando os outros nenos daplanta e facendo incursións por outras dependencias do hospital co seu pano de pirata. Un día chega Mistre, unha nena etíope de oito anos, que compartirá con ela o cuarto. Para facerlle a estadía máis levadeira, Laura cóntalleá súa nova amiga unha historia extraordinaria, con dúas protagonistasmoi especiais, Aulea e Mistera, que farán unha longa viaxe pararesolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Mentres non aparezan os dragóns, protectores das aldeas, o seu mundo non poderá gozar de paze prosperidade. O sorprendente desenlace de ambas historias, a real ea imaxinaria, vaivos facer rir e chorar asemade.