Raclette
ISBN: 9788499148724
Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Alvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia codramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva dasociedade actual. Cunha sólida reflexión arredor de temas como aincomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, asobreprotección ou a violencia, Raclette preséntanos cinco personaxesentados nunha mesa que compoñen un complexo mosaico humano. A partirde aí, o autor constrúe un texto caracterizado por unha inquedanteestrutura dramática, dentro da que a información chega aolector-espectador dun xeito rigorosamente dosificado, nunha liña deacción que avanza con sutil equilibrio entre a ironía e o humorcorrosivo, espindo as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.