Ir al contenido

Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozoparten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. Opiloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiñocomo tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que nonsaben é que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado oamparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cosseus galanos. A viaxe, nas súas novidades e encontros, suporá unha vía de autocoñecemento de consecuencias tráxicas. Fuxón vai ser o máis afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocarán nelunha fascinación irreparable. Co decorrer das xornadas mudarán asrelacións entre Fuxón e Stefano, que deixarán de ser quen eran. Agalera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxón, tornará en graveobriga para Stefano. Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e político, os tresviaxeiros apenas gustarán de canto lles ofrece o camiño: a presenzaislámica, as novidades litúrxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectáculo antes que realidade. Tan só Francesco, coa súa inocencia, será quen de evitar os perigos nos quenaufragan os seus compañeiros e conseguirá adaptarse no novo país. Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnífica pezaliteraria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores electoras a mellor narrativa.