Que non te aten
ISBN: 9788499149790
Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira decincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquiaaparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite. Unha carreira tola na que tamén están osveciños da granxa de O Penedo cos que non se leva. A nai de Marcosocúpase do muxido e dos traballos da casa, mentres que o seu irmán Daniel e a súa cuñada Iria van co portátil a todas as partes para nonperder nunca o control do que sucede nas vacarizas. Os avós coidan dahorta e María, a súa irmá, despois de rematar a carreira, preparaoposicións nunha academia de Compostela. Tras o éxito da súa primeira novela, As rapazas de Xan, no querecuperaba de forma conmovedora a memoria dunha aldea da Galicia dosanos cincuenta do século XX, Manuel Iglesias Turnes regresa con estepotente relato da vida interior dunha aldea do noso tempo, dende aollada das persoas novas que apostaron por construír alí as súasvidas.