Ir al contenido

Non hai politiquiño dos da nosa Terra, nin xornal caciquil que non sechame galeguista. Todos son galeguistas! Mais o galeguismo é unhaverba morta. É unha verba para os que din moi ocos estas parvadas decomedia: el galleguismo bien entendido, el galleguismo sano, elgalleguismo práctico...". El galleguismo armónico, el galleguismo amable... poderiamos engadirhoxe a esta crítica que Antón Villar Ponte escribiu hai uns cen anos e que podería seguir a escribir hoxe sen mudar unha soa letra. Coidádevos pois, prezadas lectoras, prezados lectores, dosgaleguistas. E, de paso, xa postos a coidarnos, non deixedes de vixiar aqueloutroflanco que proclama España como una nación de naciones.