Ir al contenido

Manual Práctico de Galego

2019 432 p. GLG
ISBN: 9788499953250 Baía Edicións A Coruña. S.L. Manuais
28,77 € 28,77 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Nova edición corrixida. 2019 O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o nosoidioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver dúbidas a respecto da escrita do galego. O presente manual resulta un material didáctico moi eficaz para oscursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego promovidospolas nosas autoridades educativas e culturais tanto no noso país como naqueles territorios con poboacións de tradición galegofalante, paraos cursos de formación de adultos en lingua galega, para a preparación de oposicións ás distintas administracións actuantes en Galiza, comorepaso dos coñecementos adquiridos e complemento dos traballos delingua para os últimos cursos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e un texto de consulta inmediata para as persoas que xafan do galego o seu medio vehicular de comunicación. O manual, que se adapta ás Normas ortográficas e morfolóxicas doidioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenariado 12 de xullo de 2003, estrutúrase en dúas partes: unha de teoría, para coñecer os porqués, e outra máis práctica, cunha ampla propostade exercicios. A súa solución recóllese ao final do manual, coaintención de axilizar a comprobación da exactitude das respostasdadas. Realizado coa intención de ensinar do xeito máis ameno posíbel, tratatamén de dar unha visión actualizada do galego de hoxe, e axudar a que o noso idioma sexa un vehículo lingüístico máis accesíbel e máisempregado, non só na fala, viva e forte a pesar dos atrancos que aínda na actualidade sofre, senón tamén na forma escrita, por desgraza, máis inusual.