🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb

2015 135 p. GLG
ISBN: 9788484872795 LAIOVENTO (IBD) Ensaio
12,50 € 12,50 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP en Galiza (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional...) están enmarcadas nunhacorrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: aprecarización dos servizos sanitarios públicos e a definición deespazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, ocontrol da tecnoloxía sanitaria, etc.) que permitan a gruposempresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentospúblicos. Neste libro presentamos un conxunto de textos decarácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, coapretensión de describir e analizar as decisións políticas levadas acabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou opoder na Xunta de Galicia. Trátase dunha achega seria, documentada e rigorosa, mais non imparcial, pretendemos achegar argumentos eanálises que sexan útiles -aos cidadáns e ás organizacións políticas, sindicais e profesionais- para comprender as estratexias postas enmarcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave riscoque representan para o futuro inmediato da sanidade pública. Estelibro poderá ser útil, tamén, ás plataformas para a defensa dasanidade pública que, nos últimos tempos, están traballando en toda axeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos, elementos clave do estado do benestar.