🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Tres Mulleres Galegs de Armas Tomar

2018 92 p. GLG
ISBN: 9788499952864 Baía Edicións A Coruña. S.L.
12,03 € 12,03 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece aunha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos deinvestigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual. O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só ? que non é pouco? transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o quesufriron por seren mulleres. A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunhareflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha dasprotagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o paso do XVI ao XVII para María Soliña. As autoras empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentoshistóricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, contrastando a interpretación que estas fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxíapatriarcal creou sobre as tres protagonistas... como sobre outrastantas mulleres.